Páginas

lunes, 15 de enero de 2024

Orixe Día da Paz

Desde 1964, para conmemora-la morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

O lema deste día é: "Amor universal, non-violencia e paz". 
- O amor universal é mellor co egoísmo, 
- a non-violencia é mellor ca violencia e 
- a paz é mellor cá guerra ".  

A seguinte presentación debe facerte pensar ...

lunes, 8 de enero de 2024

EL MISMO SOL-Álvaro Soler

Minuto 2:05 nos unimos de las manos y caminamos hacia delante y hacia atrás despacio. 2 o 3 veces.
 

Oracións ESO Bacharelato

LUNS

Lector 1:
Estamos na Semana da Paz.
É un tempo do ano no cal queremos pensar e darnos conta da importancia de educarnos para ser persoas de paz.
Lector 2:
Temos que convencernos que os nosos problemas non se resolven a golpes.
Temos que desexar fortemente utilizar todos os medios razoables e nunca recorrer á violencia.
Lector 1:
No mundo hai moita xente violenta e a nós ás veces tamén nos veñen as ganas de selo.
Por iso pedímoslle a Deus a súa axuda e a súa forza para crecer e educarnos como xente de bo corazón que quere o amor e a paz.

TODOS:

Señor, fai de min un instrumento da túa paz:

Onde haxa odio, fai que eu leve amor.      

Onde haxa ofensa, que eu leve o perdón.
Onde haxa discordia, que eu leve a unión.
Onde haxa dúbida, que eu leve a fe.
Onde haxa erro, que eu leve a Verdade.
Onde haxa desesperación, que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristeza, que eu leve a alegría.
Onde haxa tebras, que eu leve a luz.

Lector 2:
Señor, fai que non busquemos tanto
ser comprendidos, senón comprender;
ser consolados, senón consolar;
ser amados, senón amar.

TODOS:

Porque é dando, como se recibe.
É perdoando, como un é perdoado.
É morrendo, como se resucita á Vida Eterna.
(S. Francisco de Asís)




MARTES

Lector 1:
Oxalá chegue un día en que todos os exércitos do mundo non fagan falta, porque os países non queren xa arranxar os seus problemas loitando con armas.
Oxalá chegue o día en que ninguén se atreva xa a quitar a vida a outro ser humano.
Oxalá entendésemos dunha vez que é moito máis barato... pero moito máis barato! evitar unha guerra que pagar as súas mortes e as súas desfeitas.

Lector 2:
Pai Deus, nós desexamos sementar o mundo de paz
E, para conseguilo, sabemos que temos que educarnos plantándoa en cada corazón.
Ensínanos que perdoar é un signo de grandeza
e que a vinganza é un sinal de baixeza.   



TODOS:

Señor, fai de min un instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu leve o perdón.
Onde haxa discordia, que eu leve unión.

Lector 1:
Ás veces preguntámonos por que se fabrican armas.
Ás veces tamén nos dicimos por que hai xente que cultiva no seu corazón o odio e non o amor.
Por iso pedímoslle a Deus,

TODOS:

Onde haxa odio, Señor, fai que eu leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu leve o perdón.

Onde haxa discordia, que eu leve unión.
AMÉN



MÉRCORES
Lector 1:
Ás veces xorden enfados entre nós ou na nosa casa e coa nosa familia.
Se queremos educarnos para a paz, temos que pensar que é moito máis o que nos une que aquilo que nos separa.
Temos que pensar que nunca hai razón suficiente para mirar ao "outro" como alguén a quen hai que quitar do noso camiño.

Lector 2:
Sabemos que hai paz entre nós cando facemos todas as cousas con xustiza,
e cando non somos egoístas e pensamos nos demais.
Por iso, neste terceiro día da Semana da Paz, pedímoslle a Deus
                                                                              

TODOS:
Señor, ensínanos a ser xenerosos:
fai que non busquemos tanto
ser comprendidos, senón comprender;
ser consolados, senón consolar;
ser amados, senón amar.
AMÉN.






XOVES


Lector 1
Hoxe celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
En moitas cidades do mundo, en moitos colexios de todas as razas e de distintas relixións, nenos como nós celebran este día escolar da Paz.
Nas Nacións Unidas rezarase unha oración pola paz do mundo.
Nós imos rezar hoxe esa mesma oración. Oxalá, cando sexamos adultos, consigamos entre todos nós ese planeta en paz.

ORACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS     

TODOS:

Señor,
a nosa terra é só un astro pequeno,
perdido na inmensidade do universo.

Tarefa nosa é facer dela un planeta
onde non vivamos atormentados polas guerras,
nin torturados pola fame e o terror,
nin desgarrados e divididos
por ideoloxías, razas ou cor da pel.

Dános acerto e valentía
para poñernos desde hoxe mans a obra

co fin de que os nosos fillos
e os fillos dos nosos fillos
poidan un día chamarse con orgullo homes.



VENRES

Lector 1:
Hai un poeta que di moi ben dito:
“Onde haxa unha árbore que plantar, plántao ti.  

Onde haxa un erro que emendar, enméndao ti.
Onde haxa un esforzo que todos esquiven,
acéptao ti.
Sé o que apartou do camiño a pedra,
o odio dos corazóns
e as dificultades do problema”

Lector 2:
E é que nos gustan as cousas ben feitas e que todo estea en orde.
Pero ás veces pensamos que quen teñen que facer as cousas son os demais.

Lector 1:
É o que lles pasa a algúns coa paz.

Lector 2:
Somos nós os que temos que facer a paz no noso colexio e na nosa familia.

Lector 1:
Se gústache a paz, edúcate para a paz.

Lector 2:
Se de maior queres ser unha persoa de paz, ensaia desde agora a ser un neno de paz.

TODOS:

Señor, faide min un instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu leve o perdón.

Onde haxa discordia, que eu leve a unión.
Onde haxa dúbida, que eu leve a fe.
Onde haxa erro, que eu leve a Verdade.
Onde haxa desesperación, que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristeza, que eu leve a alegría.

Onde haxa tebras, que eu leve a luz. AMÉN

Oracións 5º e 6º E.Primaria

LUNS29

UN ESFORZO MÁIS

Xa estás aquí, coa túa man no corazón                         
de novo pedindo a paz...
Só un esforzo máis, un esforzo de perdón...
un paso cara adiante parar amar...
e así de novo entrará moi dentro a esperada PAZ
Loita CADA MAÑÁ ao espertar
por lograr un sorriso ao teu ao redor,
loita por crear ambiente de felicidade
e nacerá de novo o PERDÓN...
e brotará outra vez A ESPERADA PAZ
Unamos as nosas mans para crear con elas
a paz que desexamos, a alegría de estar unidos
na TERRA QUE AMAMOS E COMPARTIMOS...
Poñamos en marcha o noso corazón PARA QUE SEXA solidario, corazón aberto que sabe querer e perdoar. Amén.



MARTES 30
QUE CHEGUE A PAZ
PAZ NO CEO, PAZ NA TERRA, NAS MONTAÑAS, O VAL E O MAR.
Onde haxa odio, chegue a paz;
                                   onde haxa envexa, chegue a paz;
onde haxa guerra, chegue a paz;
onde ti chegues, chegue a paz.
Se ti es libre, vives en paz;
se a todos queres, vives en paz;
se dás o teu tempo, vives en paz;
se a Xesús levas, vives en paz.
Se ris libre, sementas a paz;
se dás consolo, sementas a paz;
se dás perdón, sementas a paz.
Xesús, ao nacer, trouxo ao fin a paz.
Vive ti en paz, sementa a paz e o mundo, ao fin, verás crecer en paz.
AMÉN








MÉRCORES 31

O NOSO PAI

NOSO, de todos, dos 5000 millóns de persoas que poboamos a terra, sexa cal for a nosa idade, cor, lingua ou relixión.
PAI, que miras por igual a todos os teus fillos a quen ves enfrontados.
QUE ESTÁS NO CEO e na terra, en cada home, nos humildes e nos que sofren.
SANTIFICADO SEXA O teu NOME, pero non co estrondo das armas, senón co rumoreo do corazón.
VEÑA A NÓS O teu REINO, o da paz, o do amor.
FÁGASE A túa VONTADE, sempre, en todas partes. Que os teus desexos non sexan obstaculizados polos poderosos e violentos.
DÁNOS O PAN DE CADA DÍA que está amasado con paz, xustiza e amor.
PERDÓANOS, non como nós perdoamos, senón como Ti perdoas, sen lugar ao odio e ao rancor.
NON NOS DEIXES CAER NA TENTACIÓN de almacenar o que non nos deches, de acumular o que outros necesitan, de mirar con antipatía ao de en fronte.
LÍBRANOS DO MAL que nos ameaza, das metralletas, dos mísiles, dos millóns de toneladas de armas, do egoísmo, do pasotismo, dos insultos, porque somos moitos, Pai, os que queremos VIVIR EN PAZ.
AMÉN



XOVES 1

QUEREMOS A PAZ
Hoxe, todos os alumnos do cole
imos celebrar o día da Non violencia
e da Paz.
Pedímosche Señor, que nos escoites,
que nos ensines a desaprender a violencia,
que nos mostres o camiño da Verdade.
A resolver os nosos conflitos con abrazos,
os nosos empuxóns por caricias
e os malos xestos por sorrisos.
Queremos ser “sementadores”de Paz.
AMÉN.



VENRES 2: CONTO POLA PAZ

O VENTO E O SOL
O sol e o vento discutían para ver quen era o máis forte
O vento dicía: Ves aquel ancián envolto nunha capa?.
Apóstoche a que lle farei quitar a capa máis rápido que ti.
Ocultouse o sol tras unha nube e comezou a soprar o vento,
cada vez con máis forza, até ser case un ciclón,
pero canto máis sopraba tanto máis se envolvía o home na capa.
Por fin o vento acougouse e declarouse vencido.
E entón saíu o sol e sorriu benignamente sobre o ancián.
Non pasou moito tempo ata que o ancián, acalorado pola calor do sol, quitouse a capa.
O sol demostrou entón ao vento que a suavidade
e o amor dos abrazos son máis poderosos
que a furia e a forza.





Oracións 1º, 2º, 3º e 4º E. Primaria

LUNS 29

XESÚS, DANOS A PAZ
Señor Xesús,
dá a túa paz ás nosas familias,                       dá a túa paz ó noso pobo,
dá túa paz a todos os homes e mulleres.
Que todos traballemos pola paz.
Que eu saiba vivir en paz na casa,
no colexio e en todas partes.
Que eu estea alegre e agarimoso con todos.
AMÉN.



MARTES  30
QUE FAGAMOS A PAZ
Xesús, ti desexas que todos                                     
vivamos en paz uns con outros.                               
Pedímosche que haxa paz entre os pobos
que desapareza do mundo a guerra,
a violencia, as inimistades,
as pelexas, as liortas.
Que fagamos a paz:
dando alegría, sendo agarimosos,
axudando ós outros e perdoando a todos.
AMÉN



MÉRCORES  31

DÉIXOVOS A PAZ
Señor, ti dixéchesnos:
Déixovos a paz, douvos a miña paz”.           
Escoita a miña oración:
dá a paz a todos os homes e mulleres.
Ensínanos a manter a paz na casa,
na escola, na rúa
e en todas partes.
Só entón seremos
verdadeiros fillos teus.
AMÉN.



                                                                         

XOVES 1


Hoxe, todos os alumnos do cole
imos celebrar o día da Non violencia
         e da Paz.
Pedímosche Señor, que nos escoites,
que nos ensines a desaprender a violencia,
que nos mostres o camiño da Verdade.
A resolver os nosos conflitos con abrazos,
os nosos empuxóns por caricias
e os malos xestos por sorrisos.
Queremos ser “sementadores”de Paz.






VENRES  2

QUEREMOS A PAZ
Non queremos avións de guerra
queremos paxaros.
Non queremos bombas,
queremos flores.
Non queremos barcos de guerra,
queremos peixes.
Non queremos sufrimento
queremos amor e paz.
Señor, pedímosche pola paz.
Paz para todo o mundo,
para todas as familias,
para todas as razas,
a paz mundial!
AMÉN.




Oracións Educación Infantil

LUNS29
POBOS AMIGOS
Noso pai que estás no ceo,
axúdanos a querernos uns a outros.                          
Fai que todos os pobos sexan amigos;
fai que todos nos queiramos como irmáns.
Axídanos a construir a paz
e a felicidade entre nós
e con todo o mundo.


MARTES 30

PAZ E UNIDADE                                   
Xesús, Ti queres
que vivamos en paz uns cos outros.         
 Axúdanos a estar unidos,

para que non haxa entre nós
pelexas nin liortas.



MÉRCORES  31


SE QUEREMOS A XESÚS...
Se todos nos portamos ben,
se vivimos en paz cos que nos rodean,
se queremos a Xesús,...
estaremos moi ledos
e seremos felices.



XOVES1

QUE VIVAMOS EN PAZ
Deus, Noso Pai, nós facemo-la paz:
cando dámos alegría,
cando somos agarimosos,        
cando axudamos a outros,           
cando prestámo-las cousas,
cando non nos enfadamos...
Axúdanos a facer todas estas cousas
para que vivamos en paz con todos.


VENRES 2

XESÚS, DÁNO-LA PAZ

Señor Xesús,
dá a túa paz ás nosas familias,
dá a túa paz ó noso pobo,                                  
dá túa paz a todos os homes e mulleres.    
Que todos traballemos pola paz.
Que eu saiba vivir en paz na casa,
no colexio e en todas partes.
Que eu estea alegre e agarimoso con todos.




miércoles, 1 de febrero de 2023

Celebración Día da PAZ 2023

 Pomba da PAZ nun minuto:

Neste vídeo podedes ver resumido nun minuto o proceso de formación da pomba da Paz con todos os alumnos e profesores do colexio:

domingo, 16 de enero de 2022

Murales Día de la Paz 22

 El siguiente vídeo recoge los murales realizados por los diferentes cursos en la celebración del Día Escolar de la No Violencia y la PAZ: